InicioSociedadeAvogados de Lugo reclaman un sexto xulgado de primeira instancia: "O traballo...

Avogados de Lugo reclaman un sexto xulgado de primeira instancia: “O traballo acumúlase”

A avalancha de casos fai que o número 1 tarde ata un ano para ditar resolucións. "Os números de procedementos para que haxa outro novo xulgado danse", indican os profesionais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O decano do colexio de avogados de Lugo, Félix Mondelo, reclamou un sexto xulgado de primeira instancia ante a avalancha de casos que fan que, dos cinco que funcionan na cidade, o número un acumule ata un ano para ditar resolucións.

Mondelo apelou á existencia dun número de casos que xustifica a necesidade de creación deste xulgado e engade que “encima os órganos xudiciais tamén o avalan porque o Consello Xeral do Poder Xudicial acaba de designar un xuíz que se repartirá polos distintos xulgados de primeira instancia para eliminar os problemas”.

Sobre todo, pon o acento nas dificultades que se rexistran no xulgado número un de primeira instancia, á vez que denuncia que “hai dous maxistrados de primeira instancia que están a facer labores de maxistrados na Audiencia Provincial”. É precisamente este xulgado, segundo o decano, o “máis atrasado, porque o titular do xulgado número un de primeira instancia está de baixa desde hai tempo”.

“Estiveron a buscarse distintas solucións, tróuxose un xuíz de Vigo porque había problemas de atrasos de ata un ano en resolucións xudiciais. Nos demais non hai tanto atraso, pero o traballo acumúlase e para evitar máis atrasos é polo que o Consello Xeral do Poder Xudicial nomeou un maxistrado de reforzo”, puntualizou.

Insiste Félix Mondelo en que a petición está avalada porque “os números de procedementos para que haxa outro novo xulgado danse”. “Non inventamos nada”, resolve o decano dos avogados de Lugo.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...