InicioDeportesBuscan a 50 persoas para traballar como persoal auxiliar do World Padel...

Buscan a 50 persoas para traballar como persoal auxiliar do World Padel Tour

Os postos a cubrir son para o control de accesos, o control de gradas, para pista e conductores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O World Padel Tour busca traballadores eventuais, concretamente, 50 persoas para traballar de persoal auxiliar neste evento deportivo que se celebrará en Lugo entre o 3 e o 9 de setembro.

O Salón de Actos do concello acollerá dúas xornadas de entrevistas para cubrir 50 postos, o mércores, 29 de agosto, de 16:00 a 20:00 horas, e o xoves, 30 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas. Todas as persoas interesadas deberán achegarse co DNI, número de seguridade social e currículum.

Os postos a cubrir son para o control de accesos, o control de gradas, para pista e conductores, que é o único posto que require experiencia e antigüidade.

Ao campionato profesional de pádel, que hoxe en día é o segundo deporte colectivo de máis participantes en España, asistirán en Lugo 140 parellas, as mellores clasificadas na categoría masculina e feminina, e os primeiros a nivel mundial. Ademais, o World Pádel conta cun canal de televisión propio, con 238.000 espectadores e un 2% de share de media por tour, e retransmisión en streaming, cun millón de conexións.

Segundo a propia organización, o evento conta cun retorno económico de  preto dun millón de euros, aumentando as vendas no comercio local noutras cidades sede, como en Mijas a semana pasada, entre un 20% e 25%

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...