InicioLugo e contornaLugoLugo baixa en hospitalizados logo dunha xornada con cifras disparadas

Lugo baixa en hospitalizados logo dunha xornada con cifras disparadas

Baixan en catro os ingresados por covid e soben lixeiramente os casos activos ata os 2.218.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hospitalizados pola Covid-19 en Galicia baixan a 301, un menos que na xornada anterior, mentres que os casos activos tamén descenden lixeiramente –16 menos– e se estancan nos 18.869. Os novos contaxios, pola súa banda, baixan pero mantéñense por encima do milleiro, en 1.171. Ademais, a taxa de positividade segue en ascenso e alcanza o 12,11% na Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do venres, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI ascenden a 40 –catro máis–, pero descenden en cinco as que se atopan hospitalizadas noutras unidades –261–. Entre elas está a de Lugo, que mantén tres pacientes Covid en UCI, e rexistra un descenso de ingresados noutras unidades –catro menos–, co que quedan en 37.

129 CONTAXIOS

Os casos activos de Covid rexistran un lixeiro descenso, con 16 infeccións menos, tras 37 xornadas consecutivas en ascenso, e sitúanse en 18.869, ao haber máis altas (1.184) que contaxios (1.171), ao que se suman tres falecementos. Non é caso de Lugo, onde se suman apenas 6 casos activos que deixan a conta total en 2.218 tras rexistrar 129 dos 1.130 positivos de Galicia.

En canto á taxa de positividade das PCR a nivel galego, vén de subir a un 12,11% tras caer a un 11% a xornada anterior, despois de manterse as dúas xornadas previas nun 13,4% e iniciar esta semana cun repunte a un 15 por cento. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata fai tres semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...