InicioLugo e contornaGuntínA alcaldesa de Lugo quéixase de que Atención Primaria "sofre moito" e...

A alcaldesa de Lugo quéixase de que Atención Primaria “sofre moito” e urxe á Xunta que a “reforce”

"Hai diagnósticos que non se poden realizar telefonicamente", asegura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, queixouse este mércores de que a Atención Primaria está “a sufrir moitísimo na cidade, e non só polo condicionante do verán, senón polo condicionante da pandemia”, unha situación que, dixo, esténdese a “toda Galicia”.

Méndez apelou a que “hai diagnósticos que non se poden realizar telefonicamente” e engadiu que “o que non se pode tampouco é ter que esperar para ser atendido da orde de quince días”.

É por iso que invocou a necesidade, por parte da Xunta, de “reforzar” a Atención Primaria, “porque é a primeira porta que toca o paciente, a primeira porta que é a que ademais ten esa capacidade de si se precisan facer probas a maiores ou non”.

“Estamos a falar de que, durante a pandemia, o diagnóstico doutras enfermidades foron menores, o cal está a prexudicar a saúde das persoas“, alertou, antes de incidir nos efectos que ten o verán neste servizo sanitario.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...