InicioLugo e contornaO PP de Lugo cualifica de "penosa" a xestión de José Tomé...

O PP de Lugo cualifica de “penosa” a xestión de José Tomé á fronte da Deputación

"Nunca se fixo tan pouco con tanto diñeiro", censurou o voceiro popular.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo fixo balance dos dous anos, no ecuador do mandato, que leva o socialista José Tomé á fronte desta institución para afirmar que “nunca se fixo tan pouco con tanto diñeiro”. Ata sete dos 12 deputados provinciais acompañaron ao portavoz popular, Javier Castiñeira, na valoración que realizaban ás portas do Pazo Provincial na Praza de San Marcos.

“Estamos ante unha situación que xa veu dada no seu día pola que é a vicepresidenta (a nacionalista Maite Ferreiro), que dicía que o BNG ía loitar para baleirar de contido as deputacións e conseguiuno”, sostivo Castiñeira. “Nestes dous anos esa é a verdadeira intención e nunca se fixo tan pouco con tanto diñeiro, especialmente nun momento tan complexo como é a crise sanitaria e económica”, abundou.

Ademais, acusou ao goberno provincial de ser “caro”, e a continuación de ser “lento, continuista, sectario e con falta ao diálogo”. “Este é o goberno máis caro da historia e, ademais, hai un caso moi significativo e é que o BNG ten máis asesores na deputación de Lugo que alcaldes (catro alcaldías; Barreiros, Muras, A Pobra do Brollón e Ribadeo)”, sinalou.

O ex alcalde de Foz tamén sinalou que o goberno de Tomei ante a Covid, “non respondeu activamente con medidas para a crise sanitaria e non chegou a resposta económica, que negou as axudas ao tecido produtivo e que sacou un plan Impulsa cero”, sentenciou. Castiñeira, á súa vez, acusou ao executivo provincial de ser “sectario cos concellos gobernados polo PP, que tiveron que vir reclamar igualdade para todos os concellos”.

“XESTIÓN PENOSA”

O adxectivo de “sectario” tamén lle serviu para aplicalo “cos veterinarios da provincia, posto que para ocupar un cargo de veterinario na Deputación parece que hai que ser ex cargo socialista, e así Daniel Piñeiro (ex concelleiro en Lugo polo PSOE) xa é funcionario interino da Deputación, por seis meses ou un máximo de doce meses, ou a súa compañeira Sonia Verdes (ex parlamentaria autonómica do PSdeG) que agora xa é directora substituíndo a outro cargo socialista”, criticou.

Finalmente, Javier Castiñeira lamentou que, igualmente, “a xestión das estradas provinciais está a ser penosa, cos veciños que piden un cambio de modelo, negándose un Plan de Estradas que leva pedindo o Partido Popular” desde hai tempo.

ÚLTIMAS

“Situación moi complicada” na provincia de Lugo por choivas torrenciais, con inundacións en rúas da capital

Meteogalicia --dependente da Consellería de Medio Ambiente-- avisou dunha "situación moi complicada na maior parte da...

Lugo mellora os datos de reciclaxe e aposta por ampliar a compostaxe doméstica

A reciclaxe de envases lixeiros propios do colector amarelo aumentou na cidade de Lugo...

O TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal por un almorzo na súa tenda de Lugo

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou que a...

O PP de Lugo lanza un QR para denunciar a “falta de xestión” do Goberno local

O Grupo municipal Popular de Lugo colocou un QR nunha das xanelas da súa...