InicioLugo e contornaLugoA lucense Isabel Pardo de Vera dá ao salto ao Goberno cunha...

A lucense Isabel Pardo de Vera dá ao salto ao Goberno cunha secretaría de estado

É directora xeral de Adif Alta Velocidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A actual presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, será a nova secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en substitución de Pedro Saura, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Adif.  Este cambio prodúcese apenas uns días despois da substitución acaecida no liderado do Ministerio, coa substitución do ministro José Luís Ábalos por Raquel Sánchez, quen agora terá como ‘man dereita’ á presidenta de Adif.

Nada en Lugo en 1975, é enxeñeira de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña, ademais de completar a súa formación en programas de desenvolvemento directivo en escolas de negocios e xestión de infraestruturas. Tras traballar no sector privado da enxeñaría e consultoría de proxectos de infraestruturas ferroviarias e de estradas, ingresou en Adif a través da Oferta de Emprego Público no ano 2007.

Ata 2015, desempeñou postos sucesivos de Dirección de Obra e xefa de Infraestrutura e xerente de Área na construción da liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. Ao termo dese ano, solicitou unha excedencia en Adif e pasou a ser directora de Mobilidade e Infraestruturas da Deputación de Pontevedra.

En xuño do ano 2016 reincorporouse ao ente ferroviario, compatibilizando o cargo de directora xeral de Explotación e Construción de Adif co de directora xeral de Adif Alta Velocidade, cargos que desempeñou ata a actualidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...