InicioLugo e contornaLugo suma máis de 100 positivos en plena escalada de contaxios no...

Lugo suma máis de 100 positivos en plena escalada de contaxios no territorio galego

O Sergas informa de case 800 casos activos na provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de covid-19 detectados nun só día en Galicia continúan disparados por encima dos 1.300 por segunda xornada consecutiva, ao notificarse 1.338. Deste xeito, os casos activos seguen en ascenso e sitúanse xa nos 9.417. Con todo, no que respecta á presión hospitalaria, os datos feitos públicos este sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do venres, reflicten un estancamento nos 99.

O que si cambiou foi a proporción entre os que estaban en unidades de hospitalización convencional, que baixaron a 73 –tres menos–, mentres que os de unidades de coidados intensivos subiron a 20 –tres máis–. Se se observan as cifras por áreas sanitarias, a presión asistencial sobe en catro das sete, entre elas a de Lugo-A Mariña-Monforte, onde o repunte é mínimo, ata sumar outro novo ingresados (+1), aínda que ningún deles está na UCI.

MÁIS DE 9.000 CASOS ACTIVOS

Galicia contabiliza, segundo datos das 18,00 do venres, un total de 9.417 casos activos de covid-19, que implican 1.098 máis que o día anterior e máis do dobre que hai sete días, xa que o sábado pasado había na Comunidade galega 4.168 pacientes. Por tanto, mantense a tendencia ascendente por vixésimo cuarta xornada consecutiva.

Por áreas sanitarias, todas elas seguen co descenso exponencial. A maior subida rexístraa a de Vigo, que suma xa 2.130 casos activos (+285); seguida da da Coruña-Cee, que alcanza os 1.517 (+187). Lugo, pola súa banda, sitúase en 797 tras rexistar 121 novos positivos na última xornada.

PCR E POSITIVIDADE

Galicia levou a cabo desde o inicio da pandemia 2.454.690 PCR. Isto implica que no último día realizáronse 7.550 probas, unhas 900 menos que as feitas a xornada anterior. A nivel galego, e no que respecta á taxa de positividade das PCR, disparouse ata o 12,6%. Así, a Comunidade galega segue bastante por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata a semana pasada, non superaba desde o 15 de febreiro.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 no conxunto de Galicia desde o inicio da pandemia ascenden a 2.442 ao notificar Sanidade unha nova vítima na noite do venres. Fronte a iso, 127.698 pacientes curáronse deste coronavirus no conxunto da Comunidade, 239 persoas máis que as rexistradas ata o día anterior.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...