InicioSucesosAuxiliada unha persoa de idade avanzada que transitaba desorientada cun mando de...

Auxiliada unha persoa de idade avanzada que transitaba desorientada cun mando de garaxe en busca do seu

A Policía Local de Lugo auxiliou a unha persoa de idade avanzada que transitaba desorientada pola cidade de Lugo cun mando de garaxe orientado cara aos edificios porque non lembraba o seu.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo auxiliou a unha persoa de idade avanzada que transitaba desorientada pola cidade de Lugo cun mando de garaxe orientado cara aos edificios porque non lembraba o seu.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 15,40 horas do pasado día 15 de xullo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detectou na Avenida das Fontiñas a unha persoa de idade avanzada que “transitaba desorientada, accionando un mando dun garaxe cara aos edificios”.

Esta persoa manifestou aos axentes municipais actuantes, indican as mesmas fontes policiais, que quería ir ao seu garaxe, pero non lembraba cal era o seu.

Por iso, os axentes trasladárono no vehículo patrulla ao seu domicilio, xa que rexeitou calquera tipo de asistencia, puntualizan as mesmas fontes, polo que foi entregado á súa familia, engaden.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...