InicioEconomíaA Deputación de Lugo lanza unha liña de axudas para entidades da...

A Deputación de Lugo lanza unha liña de axudas para entidades da Reserva da Biosfera

Acordáronse tamén "as bases para a selección das persoas que serán beneficiadas dos bonos" para o programa Lugo Termal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo lanza unha nova liña de axudas “para apoiar no impacto da pandemia sobre todo á hostalaría, ao turismo e ao comercio local”, dirixida a entidades sen ánimo de lucro que se localizan nos “territorios da Reserva da Biosfera”, por un importe de máis 80.000 euros.

Así o anunciou a deputada de Turismo, Pilar García Porto, tras a xunta de goberno provincial. Distribúense entre esas entidades nas dúas Reservas da Biosfera, que xestiona a Deputación, e que conviven na provincia de Lugo; Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

García Porto precisou que “é a primeira vez que se convocan (as axudas) que teñen como obxectivo o desenvolvemento de actuacións e proxectos vinculados ao medio ambiente e ao medio rural para a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios”.

En concreto, indicou que se trata de dúas liñas “ben diferenciadas; a primeira destinada a execución de accións no territorio da reserva Terras do Miño e son 45.000 euros, neste caso son 26 os concellos que forman parte desta reserva” e “unha segunda liña para a reserva Ancares Lucenses, que conta con 38.000 euros e que comprende tres municipios; Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna”.

“Cada entidade que opte a estas axudas vai poder solicitar unha subvención que vai desde os mil euros e ata os dez mil euros. E unha vez publicadas no Boletín Oficial da Provincia ábrese un prazo de dez días hábiles para que se presenten as peticións”, concretou a deputada de turismo.

LUGO TERMAL

Á súa vez, na Xunta de Goberno acordáronse “as bases para a selección das persoas que serán beneficiadas dos bonos” para o programa Lugo Termal. Este ano “como novidade”, sinalou, introdúcese “un aumento no rango de idade dos beneficiarios do programa”, nos balnearios de Lugo, Pantón e Palas de Rei, e así “poderán participar maiores de cincuenta anos, cun acompañante que non teña necesariamente esa idade”.

En total “son 1.300 prazas nos tres balnearios, divididas en dúas modalidades; por unha banda tratamentos con estancia e tratamentos sen estancia”, comentou. Neste contexto, Pilar García Porto precisou que para os primeiros tratamentos con estancia convócanse mil prazas, para estancias de seis días e cinco noites, “e un mínimo de 15 técnicas termais” a un “custo máximo”, engade, de 250 euros “por persoa e estancia”, para o que achega a Deputación 60,5 euros. Xa para sen estancia, son 320 as prazas, “para un mínimo de trinta técnicas”, en 10 días e a un prezo de 200 euros.

ÚLTIMAS

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...