InicioLugo e contornaLugoLugo duplica o seu consumo de explosivos para sacar adiante a A-54

Lugo duplica o seu consumo de explosivos para sacar adiante a A-54

No que vai de ano foron detonadas 40 toneladas de explosivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O consumo de explosivos na provincia de Lugo incrementouse “ostensiblemente”, ao duplicarse o seu uso no que vai de ano 2021, sobre todo de dinamita e “anfus”, en especial debido ás obras da autovía A-54 entre a capital luguesa e Santiago de Compostela.

O tenente da Garda Civil José Luís Saavedra, xefe do servizo de intervención de armas, concretou que ese cálculo faise “con respecto a 2019 porque o ano pasado foi un ano peculiar (pola pandemia)”. “E así temos que de xaneiro a maio de 2019 houbo 17 mil quilos de explosivos consumidos (na provincia de Lugo) e este ano levamos 40.000″, abundou. Fundamentalmente este rexistro tan alto débese ás obras que se acometen na autovía A-54, que conectará Lugo con Santiago e que aínda ten dous tramos por concluír.

Os explosivos tamén se utilizaron en “minas”, sobre todo no municipio do Incio onde “se traballa o cuarzo”. “Levamos un control férreo, os transportes teñen que ter un plan de seguridade, con vixiantes, teñen que seguir rutas concretas e non se poden saír desa ruta e pásannos todos os días os datos que saen do depósito que está en Vilachá de Mera (na cidade de Lugo)”, destaca este oficial do Instituto Armado.

SEGURIDADE

“O noso traballo parece moi burocrático, pero ten unha gran incidencia sobre a seguridade cidadá porque o que fagamos nós coa documentación administrativa, de armas, explosivos, pirotecnia e cartuchería, vai incidir en que despois o cidadán estea seguro ou non”, precisou Saavedra.

En canto a armas, en Lugo están rexistradas “38.500, maiormente de caza, nun oitenta por cento; rifles e escopetas”, engadiu, o que supón un “número alto a nivel de Galicia, porque Lugo xunto coa Coruña son as que máis armas e licenzas manexan” da comunidade autónoma, apostilou.

 

ÚLTIMAS

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...

Xaneiro, a data para poñer en marcha os servizos do centro integral de Saúde en Lugo

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña avanzou en sede parlamentaria a posta en...

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...