InicioLugo e contornaLugoLugo descende en casos activos pero segue entre as áreas máis afectadas...

Lugo descende en casos activos pero segue entre as áreas máis afectadas de Galicia

Sitúase por riba de Ourense, Santiago, Pontevedra ou Ferrol en niveis de incidencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A situación epidemiolóxica de Galicia segue con tendencia descendente en canto a casos activos de Covid-19, que baixan a 1.346, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus redúcense a 62 –cinco menos– e os novos contaxios detectados mantéñense por baixo do centenar, con 65. Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, continúan 15 pacientes Covid en UCI –sen cambios– e 47 noutras unidades –cinco menos–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas áreas da Coruña e Cee, Santiago e Barbanza, Vigo e Ferrol; mentres que se mantén na de Lugo, Ourense e Pontevedrae O Salnés. Así, na de Lugo segue unha persoa en críticos e catro noutras unidades; e na de Pontevedra e O Salnés, dúas e seis, respectivamente, tamén sen cambios.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 acumulan 25 xornadas consecutivas de descenso e caen a 1.346, que implican 33 menos que a xornada pasada, ao haber máis altas (98) que contaxios (65). Por iso, mantéñense en niveis de mediados de agosto do ano pasado –o día 15 dese mes había 1.337–. En Lugo descenden ata 175, 13 menos que a xornada anterior pero aínda por enriba de Ourense, Santiago, Pontevedra ou Ferrol. Todo sito despois de rexistrar 7 casos novos nas últimas 24 horas.

POSITIVIDADE GALICIA

En canto á taxa de positividade, continúa por baixo do dous por cento ao situarse nun 1,5%, tras comezar a semana nun 1,1% e ascender lixeiramente a un 1,4% o martes. Deste xeito, mantense por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...