InicioLugo e contornaLugoUnanimidade na Deputación contra o cobro de peaxes en autovías "se non...

Unanimidade na Deputación contra o cobro de peaxes en autovías “se non hai consenso”

A moción, impulsada polos nacionalistas, incorpora unha emenda do PSOE na que se precisa que se rexeita a medida a condición de que non haxa un consenso no ámbito estatal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo, no que están representados PSOE, PP e BNG, apoiou por unanimidade unha moción impulsada polos nacionalistas en contra da proposta do Goberno central de cobrar peaxes nas autovías para o financiamento da conservación destas infraestruturas.

Iso si, a iniciativa aprobada incorpora unha emenda do PSOE na que se precisa que se rexeita a medida a condición de que non haxa un consenso no ámbito estatal entre as partes implicadas para a aplicación das devanditas taxas.

O presidente da Deputación, o socialista José Tomei, remarcou que os socialistas son contrarios a que a medida se leve a cabo “se non hai un consenso” a nivel nacional por parte das partes implicadas. “Se hai consenso, ben; pero se non, non se debe producir”, apostilou.

En todo caso, remarcou que “o que está a facer o Ministerio de Transportes” é “continuar” un estudo iniciado polo Executivo que dirixiu no seu día o popular Mariano Rajoy.

Os populares, pola súa banda, apoiaron a iniciativa, pero queixáronse da “submisión” do BNG por aceptar a emenda socialista e non a que impulsou o grupo do PP, “moito máis construtiva”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...