InicioSociedadeTres enxeñeiros do Campus de Lugo, os creadores da nova liña de...

Tres enxeñeiros do Campus de Lugo, os creadores da nova liña de iogures de Larsa

A través deste gama de produtos 'universalizan' os sabores dos pastos de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres enxeñeiros agrónomos e alumnos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo ‘universalizan’ os sabores dos pastos de Galicia a través dunha nova gama de iogures que vén de sacar ao mercado a láctea galega Larsa; e que replican sabores “únicos e orixinais” de flores silvestres como o toxo, a verbena, o sabugueiro ou a violeta.

A comercialización da nova liña de iougures ‘Flores dos Pastos’, a través dos que Larsa busca “transportar a cidadanía ás emocións que deparan as paisaxes galegas”, implica materializar de forma definitiva a idea coa que Roberto López (A Coruña), Brais Pérez (O Pino) e Antón Polo (Chantada) gañaron a segunda edición do certame Innovación en Alimentación Saludable Impulsando Galicia. Trátase este dun concurso promovido pola Corporación Peñasanta, a través da súa factoría Larsa, que nace coa pretensión alimentar e facer visible o talento de estudantes e titulados universitarios de todo o Estado.

A idea destes enxeñeiros pasa “por conxugar nun produto alimenticio o concepto de innovación cos valores da marca de Galicia que nos transmitiron dende sempre na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría”, comentan a través dun comunicado. “A necesidade de harmonizar vangarda e tradición levounos a mudar as flores que tiñamos pensadas nun primeiro momento por outras que teñen máis pegada e agochan un maior simbolismo arredor de Galicia”, engadiron. Así pois, as protagonistas desta nova liña de iogures son a flor de toxo, o sabugueiro, a verbena ou mesmo as violetas.

Os autores ‘intelectuais’ deste novo produto admitiron a “dificultade de definir os seus sabores”, pero incidiron en que están “convencidos de que van ter moi boa acollida por parte do consumidor, xa que se trata de propostas diferenciadas que poden resultar do agrado de calquera tipo de padal”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...