InicioCulturaEste domingo Lugo pode converterse en capital do graffiti da man de...

Este domingo Lugo pode converterse en capital do graffiti da man de Diego AS

Dentro dunhas horas a Liga Nacional de Graffiti publicará en Instagram (@liganacionaldegraffiti) as obras dos dous finalistas das #GraffitiBattles: Diego AS e NexGraff

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois dunha longa competición, mañá domingo ás 10h30 comezan as últimas 24 horas de votacións que determinarán -xunto coas valoracións do xurado- quen será o vencedor das Graffiti Battles da Liga Nacional de Graffiti.

O artista lucense Diego Anido Seijas (Diego AS) loitará contra NexGraff buscando colocar a Lugo e ó seu barrio da Piringalla no mapa europeo da arte urbana.

Para participar da votación basta con entrar na conta de Instagram @liganacionaldegraffiti a partir de mañá domingo ás 10h30. As votacións prolongaranse ata o luns á mesma hora. Moita sorte, Diego!

 

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...