O artista lucense Diego AS clasifícase para as semifinais da Liga Nacional de Graffiti

Esta mañá a @liganacionaldegraffiti anunciou os 4 clasificados para as semifinais da competición estatal deste ano 2021: Diego Anido Seijas (máis coñecido como Diego AS), o recoñecido artista lucense, é un deles

Diego AS cunha das súas obras libres favoritas: un retrato da súa prima na rúa Sargadelos, en Lugo | Guido Álvarez Parga
Diego AS cunha das súas obras libres favoritas: un retrato da súa prima na rúa Sargadelos, en Lugo | Guido Álvarez Parga

A Liga Nacional de Graffiti do 2021 encara estas semanas a súa recta final e hoxe xa sabemos cales son os 4 clasificados para as semifinais: Dem1, Jota, Nexgraff e o lucense Diego AS.

Este último clasificouse hoxe mesmo tras vencer nos cuartos de final contra Ira Malaka, tendo Diego máis de 1.200 reaccións por 400 do seu contrincante.

Veñen agora por diante as últimas dúas etapas que determinarán o vencedor dun campionato que gaña prestixio ano a ano.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here