InicioSociedadeAumenta a presión hospitalaria na provincia pola covid

Aumenta a presión hospitalaria na provincia pola covid

Hai seis persoas máis hospitalizadas en planta e tres na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presión hospitalaria provocada pola pandemia do coronavirus volveu a baixar en Galicia, aínda que lixeiramente, ao rexistrar 1.283 pacientes ingresados, seis menos que 24 horas atrás. Ademais, caeron por baixo do milleiro, ata os 919, os positivos de covid-19 detectados, mentres que os casos activos reducíronse ata os 20.887.

Así se desprende dos datos publicados este sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, nos que se reflicte que hai 247 pacientes covid nas unidades de coidados intensivos (UCI) galegas, catro menos. En canto aos ingresados en planta, son 1.036, tras un descenso de dous.

Neste contexto, as únicas dúas áreas sanitarias nas que creceu a presión hospitalaria son Santiago-Barbanza e Lugo-A Mariña-Monforte. E na de Lugo son xa 97 hospitalizados –seis máis–, 30 deles na UCI –tres máis–.

NOVOS CASOS E POSITIVIDADE

Os novos casos de covid detectados –por diferentes tipos de probas– descenderon no conxunto de Galicia, ata o total de 919 positivos nun día –808 confirmados cunha PCR–, que son 172 menos que os notificados o día previo. A área sanitaria de Lugo está por baixo da centena con 91 casos.

CASOS ACTIVOS

Tamén a cifra global de casos activos –persoas que aínda padecen a enfermidade– continúa coa súa tendencia descendente despois de encadear cifras marca durante semanas. Nos datos deste sábado, Sanidade informa dun total de 20.887 pacientes de covid, 799 menos que unha xornada atrás. En Lugo-A Mariña-Monforte hai 1.957 persoas coa covid, -66 menos que hai 24 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...