InicioSociedadeO Consorcio de Bombeiros de Lugo destina máis de 155.000 euros a...

O Consorcio de Bombeiros de Lugo destina máis de 155.000 euros a renovar os traxes de protección

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os efectivos do seis parques comarcais que xestiona o Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo contan cun novo traxe de protección para realizar as súas intervencións, un equipamento no que a institución investiu máis de 155.000 euros.

Este novo equipamento está fabricada pola marca inglesa Bristol e faise en tecido PBI, moito máis lixeiro e capaz de soportar maiores temperaturas que os materiais tradicionais. Así mesmo, a Deputación de Lugo destacou que é un traxe máis ergonómico e cómodo para o traballo.

Os traxes que viñan usando ata agora teñen 9 anos e, nalgúns casos, puidéronse conservar como segundo equipamento para cando os novos se estean reparando ou se vexan alterados por calquera cuestión. Así, cada efectivo terá dous equipamentos á súa disposición.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...