InicioSociedadeA cea de fin de ano chega a 52 familias de Lugo...

A cea de fin de ano chega a 52 familias de Lugo en risco de exclusión

Da man do programa impulsado pola Fundación Amigos de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fundación Amigos de Galicia repartiu este xoves a cea de fin de ano a 52 familias de Lugo en situación de risco ou exclusión social con menores ao seu cargo que a entidade atende de forma habitual na cidade.

Coren Gril proporciona parte do menú –34 rotis de polo– que, elaborado con produtos típicos, está composto por un entrante, un prato principal e guarnición, e unha sobremesa –unha caixa de Pedras de Santiago da empresa Sancosa S.L.–. Ademais do menú, o persoal da entidade tamén entregou conservas de peixe, mantas e máscaras, de Anova Mask.

A este respecto, a Fundación Amigos de Galicia sinalou nun comunicado que comprobaron que moitas das persoas ás que atenden, “acoden coas máscaras en malas condicións por non ter recursos para custealas“.

“Somos conscientes do difíciles que son estas datas para as familias que se atopan en situación de vulnerabilidade, moitas das cales non dispoñen dos recursos para poder preparar a cea de Fin de Ano nas súas casas. Por este motivo, co obxectivo de que todas as familias poidan vivir estas festas con dignidade, puxemos en marcha esta iniciativa”, explicou a entidade.

O programa tamén se levou a cabo en Ourense, e en Noiteboa nas cidades de Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo. Ademais, a fundación indicou que se estiveron realizando reparticións especiais de alimentos con produtos do Nadal, entregados a través dos supermercados, a familias en risco de exclusión social de toda Galicia; así como a entrega de máis de 2.500 agasallos aos menores das familias usuarias a través da campaña ‘Comparte un xoguete, comparte ilusión’.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...