InicioSociedadePepita, unha lucense emigrada, a primeira en vacinarse en Asturias

Pepita, unha lucense emigrada, a primeira en vacinarse en Asturias

Di terlle "moito medo" ao virus e cre que "a cousa debeu desmadrarse moito estas festas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 80 anos chamada Eulalia Josefa Paleo, coñecida como ‘Pepita’ e nada en Lugo, foi a primeira muller que recibiu a vacina de Pfizer en Asturias contra o novo coronavirus. Foi na Residencia Mixta de Xixón, onde leva 12 anos vivindo. ‘Pepita’, nunha retransmisión no perfil do Goberno asturiano en Facebook, animou á poboación a vacinarse “polo ben de todos”.

As primeiras vacinas chegaron á residencia de maiores de Xixón ás 9.30 horas. Ás 10.25 administráronse as primeiras vacinas. Xunto a ‘Pepita’, outro tres residentes e unha traballadora.

Nada na provincia de Lugo, ‘Pepitaa’, que se trasladou moi nova a Xixón e viviu no barrio da Calzada, confesou que lle ten “terror” ao COVID-19. Non ten familia e unha das cousas que máis desexa é volver dar longos paseos.

Mostrouse escéptica ante unha posible baixada da incidencia da enfermidade nos comezos de 2021 porque, ao seu xuízo, “a cousa debeu desmadrarse moito estas festas”. Segundo dixo, hai xente que fai ben as cousas, pero outro non. “Asturias sempre foi a mellor ata a segunda onda, era exemplo para toda España e fóra de España”, comentou.

Na citada retransmisión tamén estiveron a técnico sociosanitaria Socorro Mancebo e a enfermeira Lara Menéndez. Mancebo apuntou que vacinarse é a mellor solución para evitar confinamentos, peches totais ou a “desolación”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...