InicioSociedadeLocalizada en Asturias coa axuda dun mozo de Lugo unha muller que...

Localizada en Asturias coa axuda dun mozo de Lugo unha muller que manifestou que se quería suicidar

O mozo recibiu unha chamada da muller, amiga súa, sinalando que tiña intención que suicidarse.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas, localizaron, coa axuda dun mozo da cidade luguesa, a unha muller de mediana idade que manifestara mediante unha misiva que se ía a suicidar. Os policías mantivéronse en contacto a través do teléfono móbil durante máis de 48 horas.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos desenvolvéronse unha vez que un mozo, veciño da cidade, denunciou que unha amiga coa que realizara algunha ruta de montañismo, con excursións polos Alpes Franceses, de volta a España a súa amiga “cóntalle varios sucesos tráxicos da súa vida persoal, con diversas penurias que atormentan a súa vida”.

Tras deixar este mozo á súa amiga en Asturias, regresa á súa casa de Lugo e, posteriormente, “recibe chamada telefónica manifestando que se vai a suicidar, así se acaba todo, e unha nota manuscrita coas intencións sinaladas”, indicou a Policía. Por iso, activouse o protocolo de procura de desaparecidos, co fin de localizar á muller, por parte do Grupo de Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Lugo, “cos medios técnicos e persoais ao seu alcance“, puntualizan as mesmas fontes.

Deste xeito, o 29 de setembro pola tarde localizouse á muller nun punto agreste da montaña de León, “de complicada localización”, sinalan as mesmas fontes, polo que foi enviado o punto de estancia da desaparecida pola Policía Nacional de Lugo, ao Cuartel da zona montañosa de Garda Civil.

Desde que se puido manter o primeiro contacto coa desaparecida, “en ningún momento se perde, en horas distintas, tanto de día como de noite, desde o domingo ao martes, perdendo cobertura nalgunhas ocasións, non achegando datos da súa localización, negociando coa desaparecida en todo momento unha forma de auxiliala, ata o momento que lla convence para poder socorrela”, subliña a Policía.

Finalmente, a muller foi localizada “en perfecto estado de saúde”, destaca a Policía, nunha zona de montaña, onde os servizos de montaña tardaron varias horas en chegar, debido á orografía do terreo, que ela, “cos seus coñecementos de treking, coñecía perfectamente”, asegura a Policía.

Con posterioridade, destacou a Policía, presentouse en dependencias policiais para agradecer o labor dos axentes para a súa localización e axuda prestada en todo momento.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...