Home Lugo e contorna Lugo Detido in fraganti un ladrón vestido de sanitario no interior dunha clínica de Lugo

Detido in fraganti un ladrón vestido de sanitario no interior dunha clínica de Lugo

0
Detido in fraganti un ladrón vestido de sanitario no interior dunha clínica de Lugo
Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus no Hospital Público da Mariña | EFE - Eliseo Trigo

Un mozo de 26 anos con numerosos antecedentes policiais foi detido por axentes da Policía Nacional tras ser sorprendido no interior dunha clínica de Lugo, á que accedera despois de fracturar o cristal da porta de entrada.

Os feitos sucederon durante a madrugada do pasado luns, cando se recibiu na Comisaría Provincial aviso ao saltar a alarma da citada clínica. Ao chegar ao lugar indicado, os axentes de policía observaron que o cristal da entrada estaba fracturado e xunto a el amontoara material da propia clínica.

“Extremando as precaucións”, informa a Comisaría Provincial, os axentes accederon ao interior da clínica polo mesmo oco que abrira o suposto ladrón na entrada. Os axentes non tardaron en localizar ao sospeitoso, que se vestiu con roupa da propia clínica. O home foi inmediatamente detido e os axentes, tras identificalo, puideron comprobar que o sábado fora imputado como investigado por outro roubo con forza no interior duns trasteiros. Foi posto ao dispor da autoridade xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here