InicioCulturaMaite Ferreiro: "O noso obxectivo é demostrar que se pode facer cultura...

Maite Ferreiro: “O noso obxectivo é demostrar que se pode facer cultura no San Froilán de xeito seguro”

Non haberá casetas nin atraccións nunha edición marcada polas medidas sanitarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As festa grande do outono galego, reconstruída. Lugo encara este venres a edición máis atípica de San Froilán que se recorda, sen charangas, atraccións nin casetas. Que a celebración ía marcar distancias coas aglomeración vividas outros anos xa quedara claro cando, nas semanas do confinamento, o Concello fixera público que a festa tornaría nunha versión reducida de si mesma.

O que aínda non se coñecía, porén, é que este San Froilán podería aproveitar as restriccións sanitarias para botar unha man a un dos sectores máis damnificados pola pandemia: a cultura. “O noso obxectivo é demostrar que se pode facer cultura de xeito seguro”, destaca Maite Ferreiro, concelleira do ramo en declaracións a Lugo Xornal; que vén de comandar nos últimos meses a ‘reconstrución’ dunha festa emblemática.

Tal e como explica a concelleira, o obxectivo do consistorio para este ano foi o de redebuxar a celebración para convertela nunha “semana cultural” construída sobre un programa “diferente” ao do resto de edicións. Así, en ausencia de casetas de polbo e atracións, lucenses e visitantes contarán cunha ampla oferta de música de teatro para desfrutar.

ARTISTAS GALEGOS

O cartel deste ano virá marcado, á parte, por poñer o foco en artistas de proximidade, tanto galegos como lucenses. Entre estes destacan os De Vacas, a artista Rosa Cedrón, Tito Ramírez, o cantautor Emilio Rúa ou Verto, expoñente actual do trap e os ritmos urbanos en galego. Á marxe de evitar ó máximo posible a circulación innecesaria de persoas, dende o Concello explican que foi un xeito de “axudar e dar visibilidade a ese talento que temos tan cerca”. Do mesmo xeito, o San Froilán servirá para botar unha man a un sector que está a sufrir as restriccións de espazos impostas polas circunstancias sanitarias.

As propias celebracións lucenses virán marcadas por un conxunto de medidas sanitarias estritas para cumprir ese equilibrio entre saúde e cultura. Tal e como destaca a concelleira, a oferta cultural verase repartida en 6 escenarios distribuídos por toda a cidade que contarán con cadeiras separadas, xel hidroalcólico e a obrigatoriedade de portar máscara.

Por riba, a medida estrela do Concello para evitar as aglomeracións será dispoñer todos os concertos á mesma hora. “Así, os asistentes terán que escoller en que espazo estar”, explica a concelleira. O obxectivo das restriccións é claro: “que non se culpabilice á cultura como un motivo de contaxio”.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...