InicioSociedadeO coronavirus impacta de cheo no San Froilán: non haberá festa, pero...

O coronavirus impacta de cheo no San Froilán: non haberá festa, pero si actividades culturais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo estuda organizar “actividades culturais”, durante as festas patronais da cidade, o San Froilán, previstas do 5 ao 12 de outubro.

A concelleira de Cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, sinalou que teñen “que asumir que non vai haber San Froilán”. “Cando falamos que non vai haber San Froilán é sobre as festas ás que estabamos adoitados organizar estes anos”, resolveu.

No entanto, avanzou que na área de cultura trabállase na elaboración de “unha serie de actividades culturais, nesa semana das festas do patrón de Lugo pero que nada ten que ver co San Froilán ao que estamos adoitados porque non vai haber nin recinto feiral, nin barracas”.

“Non son festas de San Froilán, podémoslle empezar a chamar actividades culturais para lembrar que estamos na semana das festas de San Froilán”, puntualizou. Tampouco haberá “casetas” do polbo, aínda que neste caso, Ferreiro explicou que “iso é algo que se decidiu hai tempo porque este ano habería que renovar os pregos e naquel momento xa tomamos a decisión”.

“Foi un acerto, nestes momentos un recinto feiral abarrotado de persoas sería o menos apropiado ante a situación de Pandemia que estamos a padecer”, destacou. En canto a esas “actividades culturais”, durante esa semana, o seu desenvolvemento tamén vai estar en función da situación “sanitaria” e serían susceptibles de ser “suspendidas”, manifestou.

No entanto, está previsto pregón de San Froilán, que se encargou este ano á comunicadora e xornalista Tonina Gai, cunha experiencia de máis de 40 anos no ámbito radiofónico.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...