InicioLugo e contornaDescenden os casos activos de Covid na provincia

Descenden os casos activos de Covid na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou 236 novos positivos por COVID-19 nas últimas 24 horas, unha cifra similar aos contaxios notificados o sábado, aínda que cun leve descenso de cinco. En canto aos casos activos, reducíronse en 55, ata os 4.281. No caso de Lugo, o descenso foi de 34 casos activos, que é o resultado de restar os de novos positivos co de casos recuperados.

Segundo os datos feitos públicos este domingo pola Consellería de Sanidade, con cifras actualizadas a última hora do sábado, o número de persoas curadas aumentou nun día en 289, ata o total de 15.222 desde o inicio da pandemia.

Por áreas sanitarias, tan só tres rexistran ascensos no total de casos activos. A de Pontevedra é a que máis sobe, con 31 novas persoas infectadas que pon o total en 470. Tamén aumentan os casos activos, aínda que lixeiramente, na área de Ferrol, ata 184 (+4), e na de Vigo, ata 366 (+3).

En canto ao resto, todas anotan descensos nos contaxiados de coronavirus. A Coruña continúa acumulando a maior cantidade, un total de 1.304 casos activos, pero baixan en 36 con respecto a este sábado. Ademais, descenden en Lugo, ata 814 (-34); en Ourense, ata 473 (-13); e en Santiago, ata 670 casos activos (-9).

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...