InicioSociedadeA área de Xuventude de Lugo conmemora o nacemento de Pardo Bazán...

A área de Xuventude de Lugo conmemora o nacemento de Pardo Bazán cunha andaina pola igualdade

A andaina será este sábado e haberá outro o 19 de setembro pola sostibilidade conmemorando o Día da Limpeza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, conmemora este sábado o nacemento da escritora Emilia Pardo Bazán cunha andaina pola igualdade. A actividade, que conta con 25 prazas dispoñibles, comezará ás 10:30 horas, terá como punto de partida os soportais do Concello, na Praza Maior, e estará dirixida pola guía local Lidia de la Fuente.

Así mesmo, para o próximo 19 de setembro, será Guido Álvarez Parga quen lidere outra camiñada, neste caso pola sostibilidade, coa que se pretende celebrar o Día Mundial da Limpeza. Neste caso, a marcha partirá tamén ás 10:30 horas pero do Parque Rosalía de Castro, diante do busto da autora.

Para participar nas mesmas, as persoas interesadas poderán inscribirse, de xeito provisional, a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/Pasaporte. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

Terán prioridade aqueles mozos e mozas que estén empadroados en Lugo, despois aqueles que estuden ou traballen en Lugo e para finalizar, aqueles que vivan en concellos limítrofes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...