InicioSucesosDetido en Lugo un home de 55 anos logo de recibir unha...

Detido en Lugo un home de 55 anos logo de recibir unha entrega de marihuana en plena rúa

Os axentes constataron o seu "nerviosismo" antes da detención. Está acusado dun delito de tráfico de drogas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional en Lugo detiveron a dúas persoas, en dúas actuacións distintas, por tráfico de drogas, informou o corpo este xoves nunha nota de prensa, na que concreta que a un destes individuos incautáronselle 225 gramos de marihuana e á outra detida dúas dose de heroína e un blíster de metadona.

As dúas detencións producíronse nas últimas 24 horas. Un dos arrestados é un home de 55 anos ao que se lle atribúe un delito de tráfico de drogas. Os axentes viron ao home na rúa Tui, onde recibiu unha caixa rectangular doutras persoas que xa foran detidas por feitos similares, de modo que seguiron a este individuo e interceptárono.

Ante a presenza policial e as preguntas, “cada vez parecía máis nervioso e inquieto”, indicou a Policía Nacional, que explicou que os axentes lle pediron entón que mostrase o que levaba no maleteiro do vehículo. Neste momento, agrega a nota, “o seu nerviosismo era moi notorio” e, ao abrir o portón, tratou de pór un abrigo sobre algunhas das cousas que estaban nun lateral.

Os axentes atoparon unha caixa que contiña dúas bolsas de plástico con 225 gramos de marihuana. Ademais, ao home atopáronlle máis de 1.300 euros en moeda fraccionada. Foi detido e trasladado a dependencias policiais, onde se lle tomou declaración e foi posto en liberdade, á espera de xuízo.

Por outra banda, foi detida tamén unha muller, que xa fora arrestada por feitos similares noutra ocasión, que levaba dúas dose de heroína, un blíster de metadona, moeda fraccionada en billetes de cinco euros e unha navalla de grandes dimensións. Desde maio, explicou a Policía, recibíronse queixas veciñais de que había “unha gran trasfega de persoas” na contorna da rúa San Isidro Labrador coa Avenida da Coruña que non eran habituais da zona. A investigación comprobou que a muller detida estaba “trapicheando con heroína e derivados” e foi detida tras varias intervencións de sustancias estupefacientes.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...