InicioEconomíaGandeiros denuncian unha "estratexia premeditada" das industrias lácteas para baixar aínda máis...

Gandeiros denuncian unha “estratexia premeditada” das industrias lácteas para baixar aínda máis o prezo por litro

Denuncian que as empresas están a "darlle á volta" á última modificación legal para asinar contratos que dificilmente cubren os custos de produción.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación de gandeiros e gandeiras Agromuralla vén de denunciar a existencia dunha “estratexia premeditada” por parte da industrias lácteas que operan en Galicia para conseguir un “empeoramento xeralizado das condicións de recollida do leite nas explotacións”, particularmente no tocante ós prezos de compra.

Así, e segundo alerta o presidente de Agromuralla, Roberto López, “estanse a producir baixadas de prezos nos contratos que tocaba renovar a 31 de xuño e mesmo modificacións á baixa tamén en contratos asinados meses atrás e xa en vigor”. Segundo denuncia López, o retroceso das condicións dos gandeiros está a ter lugar coa “desculpa” da adapción á última modificación da Lei da Cadea Alimentaria, que segundo apunta “obriga a que os prezos en orixe pagados aos produtores cubran os custos de produción”. Por iso destaca que “as empresas estanse a valer de desculpas e artimañas para empeorar as condicións aos produtores”.

PIDEN FIXAR POR LEI O PREZO DA PRODUCIÓN

Ante esta circunstancia, a agrupación esixe a Xunta e Goberno central que “vixíe e poña coto” ao que consideran unha “utilización perversa da Lei da Cadea”. “A cláusula que obriga a cubir, cando menos, os custos de produción, está pensada para salvagardar uns ingresos dignos aos produtores. Porén, non se está a cumprir porque as industrias estanlle a dar a volta ao sentido da norma e están a trasladar esa responsabilidade aos propios gandeiros, facéndolles asinar contratos nos que se di que o prezo que lles pagan cubre eses custos”, explica o presidente.

Neste contexto, a principal demanda da organización é que o Estado fixe de xeito oficial unha serie de custos de produción. “Semella que cando se aprobou o cambio normativo, como consecuencia das protestas dos agricultores e gandeiros a principios de ano en distintos puntos do Estado, o ministro Luis Planas estaba máis preocupado por lavarse as mans do problema que por resolvelo, pois non aportou as ferramentas necesarias para o cumprimento efectivo da Lei”, asegura Roberto López, que reclama”que se establezan con carácter oficial cales son os custos de produción actualizados por comunidades autónomas, aos que se deberían vincular os contratos de compra do leite ás explotacións”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...