InicioSociedadeA área lucense conta 44 casos activos ao aumentar os afectados polo...

A área lucense conta 44 casos activos ao aumentar os afectados polo brote da Mariña

A provincia suma cinco positivos, dos cales tres teñen relación cos focos de coronavirus do norte da provincia. Só dous pacientes permanecen hospitalizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria lucense rexistra este luns 29 de xuño un total de 44 casos activos, cinco máis ca no día de onte. Tres destes novos positivos documentados que se suman na provincia de Lugo correspóndense co brote de COVID-19 na comarca da Mariña, que pasa de 22 a 25 casos.

Non cambia, porén, o número de pacientes ingresados: un no HULA e outro no Hospital Público da Mariña. Os outros 42 enfermos están a ser atendidos nas súas casas.

Respecto dos focos de coronavirus da Mariña (en Xove e Burela), o Sergas informa que se realizaron máis de 300 probas a contactos das persoas infectadas. Daquela, conclúen que ambos focos localizados “teñen relación entre si”.

GALICIA

A nivel galego, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 312, deles 71 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 22 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 131 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, catro están en unidades de hospitalización e 308 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.615 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 179.717.

ÚLTIMAS

Os veciños que se pelexaron por un cabalo en Xermade pactan antes do xuízo e ningún irá ao cárcere

Os dous veciños da localidade lucense Xermade que se encerellaron nunha violenta pelexa por un...

Policías e gardas civís de Galicia concéntranse en Lugo contra o “abandono” do Ministerio do Interior

Un grupo de policías e gardas civís de Galicia manifestáronse este martes diante da...

Unha muller morta e tres feridos na UCI, entre eles os seus fillos menores, nunha saída de vía en Xermade

Unha muller morreu na tarde deste luns nunha saída de vía en Xermade, na que...

Un condutor, que circulaba co carné fóra de vixencia, négase a pasar o control de alcolehemia en Lugo

Un condutor negouse a someterse ás probas de alcoholemia en Lugo e, ademais, a Policía...