InicioSociedadeVinte casos activos en Lugo, onde dous pacientes seguen ingresados

Vinte casos activos en Lugo, onde dous pacientes seguen ingresados

Ningunha residencia da provincia presenta positivos por coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ‘nova normalidade’ chega a Lugo canda un novo descenso no reconto de casos activos: a área sanitaria rexistra este luns 15 de xuño 20 casos activos por coronavirus, un menos ca os contabilizados o domingo. 

Dese total, hai dous pacientes que continúan ingresados no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), segundo datos do Sergas. Os outros 18 están a ser atendidos nos seus domicilios.

Ademais, a Consellería de Política Social refire cero positivos por COVID-19 no conxunto das residencias da provincia de Lugo. O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade DomusVi de Bóveda era a única que rexistraba casos activos en Lugo a fins da semana pasada. Coa alta do último usuario contaxiado, tamén este centro quedou libre da pandemia.

GALICIA

Pola súa parte, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de 348 casos activos en Galicia, tres menos ca onte. A área de Vigo segue a ser a que máis positivos acolle (140), seguida da Coruña (108) e moi lonxe do resto (Santiago, con 34; Ourense, con 26; Ferrol, con 12; e Pontevedra, con 8).

Do total de pacientes positivos, oito están en unidades de hospitalización e as Unidades de Coidados Intensivos continúan sen enfermos de coronavirus.

Ata o momento, na comunidade hai un total de 10.849 persoas curadas e os falecementos mantéñense en 619. Un total de 274 vítimas mortais estaban vinculadas con residencias (delas, 132 morreron no propios centros xeriátricos), o que supón un 44,26 % do conxunto de falecidos en Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...