InicioSociedadePrevisións para a fase 2 na hostalaría lucense: "Se as expectativas non...

Previsións para a fase 2 na hostalaría lucense: “Se as expectativas non cambian, será máis do mesmo”

Avisan de que a reapertura dos establecementos será lenta, porque aínda que as medidas se vaian relaxando seguen sen ser "atraentes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os establecementos de hostalaría de Lugo xustifican as escasas aperturas de locais na fase 1 da desescalada no marco da crise sanitaria polo coronavirus COVID-19 porque “as medidas para o sector non están a ser atraentes”. As previsións de cara á fase 2 non son moito máis esperanzadoras: “Será máis do mesmo“, din os hostaleiros.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios Hostaleiros en Lugo, Cheché Real, en declaracións a Europa Press, indicou que as terrazas que están abertas en Lugo son “moi escasas”. Algúns decidiron non abrir “por espazo” e outros “sinxelamente porque non lles compensa”, subliñou.

En canto á segunda fase, Real afirma que “será un pouco do mesmo”. Segundo lembrou, a normativa restrinxe a un 40% a ocupación no interior dos locais pero “non se poderá usar nin a barra, a xente ten que estar sentada”. “Seguimos sen ver o atractivo para que a xente poida abrir”, abundou o responsable da hostalaría lucense.

Para Real, as contas “son as que son” e estas “non saen para os hostaleiros”. Na segunda fase “se as expectativas non cambian”, os resultados tampouco o farán. “O bo tempo e as ganas por abrir dos hostaleiros axudarán”, concede, pero “a tendencia á apertura será pequena”.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor...