InicioSociedadeOs casos activos en Lugo baixan a 72, con tres pacientes en...

Os casos activos en Lugo baixan a 72, con tres pacientes en Coidados Intensivos

Outras dúas persoas están hospitalizadas en planta. Entre elas, o primeiro paciente que fora ingresado na unidade de críticos con coronavirus hai 63 días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Continúan baixando os casos de coronavirus na área sanitaria de Lugo. Este martes 19 de maio, Sanidade informa de 72 positivos activos, tres menos ca no día de onte. Deles, tres permanecen na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti e outros dous están hospitalizados en planta. O resto de pacientes positivos, 67, permanecen baixo atención hospitalaria a domicilio.

De feito, no día de onte foi trasladado a unha unidade de hospitalización o primeiro paciente con coronavirus na Unidade de Coidados Intensivos do HULA logo de 63 días ingresado. O home, natural de Becerreá e residente en Suíza, viaxara ao aeroporto de Barajas (Madrid) dende o país alpino a principios de marzo. O día 14 foi diagnosticado coa COVID-19 e xa non saíu da UCI ata este luns.

O hospital público da capital lucense é o único da provincia que ten casos de coronavirus en activo. Ata o momento, Lugo rexistrou 27 falecementos e xa se documentaron 831 altas.

GALICIA

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.136, dos cales 15 permanecen en Uci, 92 están en unidades de hospitalización e 1.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.281 persoas curadas e producíronse 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 127.359.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...