InicioSociedadeA crise que tamén trae fame: Cáritas atendeu un 15% máis de...

A crise que tamén trae fame: Cáritas atendeu un 15% máis de persoas en Lugo

Dende o inicio do estado de alarma, esta organización axudou a 745 familias lucenses. Tamén o Banco de Alimentos notou unha maior afluencia a raíz das consecuencias económicas do coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A situación de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus e as súas consecuencias sobre a economía local provocaron un notable incremento das solicitudes de axuda nas organizacións sociais que traballan cos máis desfavorecidos en Lugo, como é o caso de Cáritas.

A súa secretaria xeral, Mónica Yáñez, confirmou que ese incremento da demanda de axuda cifrouse nun 15% nas primeiras semanas de confinamento, porque o débil equilibrio que alcanzaran algunhas familias con poucos recursos rompeu ao quedar, da noite para a mañá, sen ingresos.

“Falamos de persoas e de familias que tiñan uns ingresos mínimos e que con eles ían amañando, pero agora quedáronse sen iso e estano pasando mal, porque carecen de diñeiro” para afrontar os gastos máis básicos, explicou Yáñez.

De feito, a maioría das axudas que pide a xente que recorre a Cáritas son para a compra de alimentos, para subministracións básicas e para facer fronte ao pago do aluguer das súas casas.

Desde que comezou o estado de alarma, Cáritas atendeu a 745 familias lucenses e a unhas 2.100 persoas. Nunha situación similar están outros colectivos do ámbito social, como o Banco de Alimentos, a cuxas portas esperan cada día decenas de persoas. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...