InicioPolíticaIsabel Rodríguez estrearase mañá coma subdelegada do Goberno en Lugo

Isabel Rodríguez estrearase mañá coma subdelegada do Goberno en Lugo

A primeira muller neste cargo di asumilo "con moita ilusión" pero "un pouquiño asustada" – Terá que deixar a tenencia de alcalde de Viveiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deixará a tenencia de alcalde do Concello de Viveiro. A segunda de María Loureiro fará efectivo o movemento no vindeiro pleno do consistorio mariñán.

Rodríguez naceu en Baamorte, no termo municipal de Monforte de Lemos, e leva once anos como concelleira no municipio viveirense. Esta médica de profesión conta 62 anos e leva os últimos vinte e dous traballando en Viveiro. Falando das súas orixes, a nova responsable da subdelegación gubernamental na provincia conta que seus pais “eran labradores moi modestos e tiveron que emigrar ao estranxeiro para que puidese facer a carreira”.

De momento descoñece cando tomará posesión, aínda que foi citada para mañá a unha reunión co novo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na Coruña. “A partir de aí coñeceremos máis datos”, constatou Rodríguez.

Así, avanzou que terá que deixar de ser concelleira, e adianta que a súa saída do Consistorio de Viveiro, logo de once anos, producirase “no próximo pleno”.

ASUME O CARGO “CON MOITA ILUSIÓN”

Rodríguez asume o novo cargo de subdelegada “con moita ilusión” e “con moitas ganas de traballar”, aínda que non ten reparos en confesar que tamén “un pouco asustada”. “É algo novo para min, un novo reto na miña vida. É algo totalmente distinto do que é a miña profesión habitual e do que viña facendo até agora. Iso sempre, de entrada, asusta un pouquiño. Teño moitísima ilusión e ganas de traballar polos veciños da provincia”, asimila.

A que se converterá na primeira muller en dirixir a subdelegación do Goberno –incluídos anteriores gobernadores civís– en Lugo xa tomou contacto co aínda subdelegado, o popular Ramón Carballo, con quen se reuniu o pasado venres.

Isabel Rodríguez ten claro que cando tome posesión “os primeiros días irei e virei a Viveiro [onde reside]”, aínda que é “consciente” de que logo se terá que quedar na capital provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...