InicioEconomíaUSC e Coita organizan unha xornada sobre autoconsumo eléctrico na gandaría

USC e Coita organizan unha xornada sobre autoconsumo eléctrico na gandaría

A EPS de Lugo acolle este xoves un evento de balde previa inscripción, na que participa unha empresa especialidada en solucións de enerxía renovable

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Universidade de Santiago e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo (Coita) organizan un faladoiro sobre autoconsumo eléctrico nas explotacións gandeiras. O evento celebrarase este xoves 28 de xuño, ás 17.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo.

O faladoiro versará sobre autoconsumo fotovoltaico, tanto con baterías coma sen baterías, aplicado ao sector da gandaría. Para asistir de balde á xornada é preciso confirmar no enderezo carlos.barrosa@voltfer.es ou ben chamando ao Coita.

Destinado a profesionais e empresas da instalación, incluirá aspectos de lexislación en autoconsumo, solucións técnicas, un caso práctico e servizos da empresa colaboradora, Voltfer.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...