InicioSociedadeA defensa de Besteiro confía no sobresemento da causa do Garañón coa...

A defensa de Besteiro confía no sobresemento da causa do Garañón coa chegada dun novo xuíz

O avogado do exsecretario do PSdeG e expresidente da Deputación de Lugo espera que a substitución á fronte do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo axude a cambiar a "perspectiva" da investigación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A defensa do exsecretario xeral do PSdeG e ex presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, confía en que a chegada dun novo xuíz ao Xulgado de Instrución número 1 de Lugo axude a cambiar a “perspectiva” na investigación sobre O Garañón.

“Esperamos que haxa unha perspectiva diferente e nova desde a que mirar toda a instrución realizada por De Lara”, manifestou respecto diso o letrado Cándido Conde Pumpido. Por iso, espera que todo o proceso conduza “a unhas posicións bastante máis próximas ao dereito que coas que nos viñamos atopando ata agora”, engade.

“Tamén esperamos que, derivado da tramitación da recusación (que presentaron contra Pilar de Lara) que ela mesma inadmitiu, se poida chegar a un retroceso nas últimas resolucións ditadas xa coa sanción. Entendemos que pode darse unha solución diferente á instrución á que acabou dándolle Pilar de Lara”, manifestou.

Conde Pumpido mostrouse convencido de que a acusación contra Besteiro acabará arquivada e sobreseída. “Desde o principio díxose que se lle regalou a Besteiro un piso. Demostrouse que non era certo, que o pagou. Investigouse de onde sacara o diñeiro para pagalo e quedou claro que viña do seu soldo. Finalmente empezouse a dicir se se lle regalou unha obra (no piso), que logo tamén se acreditou que se pagara”, xustificou.

O avogado do que fora secretario xeral do PSdeG, que dimitiu tras esta imputación por O Garañón, resumiu que “a día de hoxe” entenden “que non existe maior fuxida cara adiantee na imputación”.  “O que ten que suceder é que se sobresea a mesma”, concluíu Conde Pumpido.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...