InicioEconomíaO Concello inicia a transformación da biblioteca da Piringalla

O Concello inicia a transformación da biblioteca da Piringalla

O goberno local encarga o proxecto para o remate da obra e a reconversión en centro social

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo adxudicou a redacción do proxecto para o remate da obra e a reconversión da Biblioteca pública da Piringalla. Este traballo comporta os aspectos básicos e de execución para un edificio ideado en 2008 e paralizado durante a construcción polos desacordos coa empresa encargada. 

A redacción para a posta en funcionamento dun centro social de convivencia ten un prazo de presentación de dous meses, cun importe de 17.500 euros. O Concello aspira deste xeito a rematar unha construcción de 1.300 metros cadrados, parada en fase de estrutura. Conta con soto, planta baixa, primeira, segunda e ático. O orzamento reservado para estas tarefas e as actuacións de reforzo é de 990.000 euros.

Coa execución desta partida o executivo socialista cumpriría co acordo plenario para este equipamento cultural, un servizo sociocultural enfocado á convivencia. A finalización desta obra, en estado de parálise dende 2012, é unha das reivindicacións dos colectivos do barrio da Piringalla e tamén das federacións veciñais. Os orzamentos para este exercicio foron finalmente aprobados con recurso a un mecanismo de emerxencia pola oposición do resto de grupos políticos.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...