InicioSociedadeLugo amosa a súa repulsa polo crime machista das Gándaras e decreta...

Lugo amosa a súa repulsa polo crime machista das Gándaras e decreta tres días de loito

"Ano tras ano, mes tras mes e semana tras semana, este terrorismo desapiadado contra as mulleres continúa a cobrar vítimas", lamentou a alcaldesa, Lara Méndez. A presidenta de 'Si, hai saída' pediu accións reais para previr estes casos, pois "os minutos de silencio non axudan a vítima e só redundan no lucimento de quen os fai. En Santiago, Javier Losada confirmou que non había denuncias previas contra o detido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo expresou este luns o seu rexeitamento á violencia machista e trasladou o seu pésame á familia da veciña asasinada presuntamente a mans da súa parella.

Nunha declaración institucional, subscrita por todos os grupos municipais (PSOE, PP, BNG e Ciudadanos), o Consistorio decretou tres días “de loito oficial” e expresou o “pésame da corporación e de todo o pobo de Lugo polo asasinato da veciña Clara María Expósito”. “Sen máis, conclúese este pleno extraordinario que nunca se debería de producir”, pechou así a súa intervención.

Lara Méndez incidiu en que “a violencia contra as mulleres e nenas é unha violación dos dereitos humanos e así o recoñecen as Nacións Unidas en 1993 e o Consello de Europea en 2011”. “Con todo, ano tras ano, mes tras mes e semana tras semana, este terrorismo desapiadado contra as mulleres continúa a cobrar vítimas. No que vai de ano 2020 sumamos dez, unha cada catro días“, sentenciou.

CONCENTRACIÓN

Posteriormente, no exterior do Consistorio, estaba prevista unha concentración onde participou toda a corporación, ademais da subdelegada do Goberno en Lugo e distintos representantes da Deputación. Tras cinco minutos durante os que afloraron as bágoas entre algúns dos asistentes, soou un intenso aplauso en lembranza da vítima.

Do mesmo xeito, Galicia enteira inzouse de concentracións de repulsa ante o crime machista. En Santiago, diversos políticos expresaron a súa dor ante este asasinato, que non fai máis ca confirmar unha problemática real e que debe ser abordada urxentemente.

“Hai cousas que se poden evitar, somos moito de protocolos pero logo solucionámolo cun minuto de silencio, con declaracións de tres días de loito e con concentracións que en definitiva á vítima non a axudan a nada e só redundan no lucimento de quen os fai. Así de claro, así de doloroso e así de tallante, pero é o que hai”, sostivo a presidenta da asociación ‘Si, Hai Saída’, Marta Rodríguez Engroba.

NON HABÍA DENUNCIAS

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou que non constaban denuncias previas contra o detido. “En moitos casos non hai ningún dato previo que permitira unha acción preventiva”, dixo, tras afirmar que denunciar pode “salvar vidas”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...