InicioSociedadeO crime das Gándaras supón o segundo asasinato machista en Lugo en...

O crime das Gándaras supón o segundo asasinato machista en Lugo en menos dun mes

Seguen as dilixencias para esclarecer o caso e atopar probas, como a arma do crime. Polo momento, o detido está pendente de ser interrogado. O Concello decretará tres días de loito oficial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O crime das Gándaras, no que se atopou o cadáver dunha muller con feridas de arma branca, supón o segundo asasinato machista na provincia no que vai de ano. Así o confirmou de maneira oficial a Subdelegación do Goberno.

O primeiro caso producírase nunha parroquia da Pastoriza, onde un ancián matou a súa muller, de 79 anos, para logo suicidarse ao tirarse pola fiestra.

SEGUEN AS DILIXENCIAS POLICIAIS

O home detido o pasado sábado como investigado polo homicidio da súa parella en Lugo non pasará a disposición xudicial ata este martes, día 11 de febreiro.  Fontes policiais precisaron que os responsables da investigación seguen pendentes do testemuño de varias persoas e continúan practicando dilixencias ordenadas polo Xulgado de Instrución Número 2 da capital lucense.

De feito, os investigadores da Policía Nacional aínda non lle tomaron declaración ao detido, Francisco Javier B.F., que foi imputado como investigado polos delitos de homicidio, violencia de xénero e violencia doméstica. A vítima, Clara María Expósito Vilanova, de 49 anos de idade, mantiña con el unha relación sentimental desde o verán pasado.

Os labores da Policía Xudicial céntranse nestes momentos en atopar a arma do crime, unha proba fundamental dentro da investigación.

O cadáver da muller, que estaba separada e tiña dous fillos, foi achado na súa casa, nun piso do barrio das Gándaras. Foi a nai da vítima a que alertou sobre as 22:00 horas do venres do achado do corpo, que presentaba feridas de arma branca no pescozo.

LOITO 

Tras estes feitos, o goberno local de Lugo ten previsto convocar esta mañá un pleno extraordinario e urxente para que a corporación municipal aprobe unha declaración institucional de repulsa contra o asasinato.

Ademais, nese mesmo pleno, a corporación municipal aprobará tres días de loito oficial, de modo que se suspenderán todos os actos públicos previstos polo Concello de Lugo para as próximas xornadas.

Tamén se producirán concentracións de repulsa ante a Casa do concello, a Subdelegación do Goberno e a Delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo, onde se gardará un minuto de silencio.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...