InicioMedioambiente e PatrimonioExpedientan por mor de infraccións urbanísticas unha parcela de Castro de Rei...

Expedientan por mor de infraccións urbanísticas unha parcela de Castro de Rei que organiza vodas

A Xunta de Galicia indica que as instalacións do espazo 'Lenda do Quercus' foron levadas a cabo sobre chan rústico e carecen de autorización urbanística.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), dependente da Xunta de Galicia, abriu un expediente de reposición da legalidade urbanística a un predio de Castro de Rei que alberga vodas e banquetes por mor dun conxunto de edificacións alzadas en terreos rústicos.

Nunha notificación datada do pasado 15 de novembro, o director da APLU, José Antonio Cerdeira, informa deste expediente polas instalacións levadas a cabo en chan rústico no espazo denominado ‘Lenda do Quercus’. Este predio, situado na parroquia de Santa María de Duancos, pertence ao Grupo La Palloza.

O organismo autonómico argumenta, ademais, que as actuacións carecen de autorización urbanística da Xunta e do Concello. Así mesmo, avisa de que deben adoptarse medidas de reposición urbanística para que este espazo volva ao seu estado orixinal.

Respecto diso, nun comunicado remitido aos medios, a Asociación de Emprendedores de Galicia (Ascega) subliña que a ‘Lenda do Quercus’ ofrece unha actividade que “non se contempla en chan rústico”, xa que emprega as instalacións para “servir comidas para vodas e banquetes”.

A asociación asegura que ‘Lenda do Quercus’ se anuncia como “un dos lugares máis exclusivos de Galicia para celebrar unha voda” por detalles como a “alta calidade” da cociña e o “delicado coidado de todos os detalles”, así como pola “posibilidade de usar a igrexa e os xardíns”. “Incide nun uso que a máxima autoridade urbanística de Galicia alerta que é ilegal”, incide a Ascega.

Por outra banda, a asociación asegurou que a Xunta mantén aberta, a través da Axencia de Turismo, investigacións para concretar se o enclave de Castro de Rei, ademais doutros situados en Lugo e Viveiro, posúen a perceptiva autorización como establecementos de restauración.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...