Home A Ulloa Só o 15’7% dos edificios de Lugo adaptaron as súas instalacións para seguir coa TDT

Só o 15’7% dos edificios de Lugo adaptaron as súas instalacións para seguir coa TDT

0
Só o 15’7% dos edificios de Lugo adaptaron as súas instalacións para seguir coa TDT
Antena para a adaptación do novo TDT / EFE

EFE.- A falta de só un mes para que algunhas canles da TDT deixen de emitir nas súas antigas frecuencias en 58 concellos de Lugo, só o 15,7% dos edificios comunitarios fixeron as adaptacións precisas nas súas instalacións para seguir gozando da oferta completa da televisión dixital.

En declaracións a EFE, o subdirector xeral de Planificación e Xestión do Espectro Radioeléctrico, Antonio Fernández, explicou que esas comunidades teñen que “substituír os módulos antigos polos novos” antes do próximo 11 de febreiro. Trátase dun traballo que ten que realizar “un instalador”, sen “moita complicación”, pero para iso as comunidades de veciños teñen “que tomar a decisión” e os seus “presidentes ou administradores” chamar a un profesional para que se ocupe de facer os cambios necesarios.

PLAN DE AXUDAS

Lembrou que este cambio non supón ningún tipo de “obsolescencia” para os descodificadores que teñen os usuarios particulares nos seus fogares e, aínda que os cambios que hai que facer na instalación comunitaria teñen “un custo”, existe tamén un “plan de axudas” para o seu financiamento por parte do Goberno de España.

Precisou, así mesmo, que a partir do 11 de febreiro todos os veciños deses 58 municipios da provincia  deberán, en todo caso, resintonizar os seus televisores, con axuda do mando a distancia.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here