InicioSociedadeAberta a inscrición nos campamentos das Casas de Linguas de Lugo

Aberta a inscrición nos campamentos das Casas de Linguas de Lugo

Desenvolvidas por quincenas, as actividades lúdicas en inglés, francés e alemán ocuparán as mañás de xullo e agosto – A anotación é de balde

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concellería de Cultura reedita este verán as actividades coñecidas como summer camp, destinadas á aprendizaxe de linguas para nenos nun ambiente lúdico. A responsable deste departamento do Concello de Lugo, Carmen Basadre, confirmou que as inscricións están xa abertas e haberá de prazo, para quenes queiran inscribir aos raparigos, ata o 29 de xuño. Esta alternativa no período vacacional procura compatibilizar o ensino e o lecer.

Os summer camp son actividades lúdicas de idiomas e manualidades dirixidas a nenos e nenas entre 5 e 9 anos de idade. A súa celebración será entre o 2 de xullo e o 30 de agosto, durante o groso das vacacións escolares, nas Casas de Linguas do Concello. Os centros municipais de Estrada da Granxa e María Balteira albergarán aos máis cativos nun intento de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

Na Casa das Linguas de Estrada da Granxa, os xogos convivirán con actividades en inglés e alemán os luns e mércores, de 10.30 a 13.30 horas; e obradoiros de manualidades martes e xoves, no mesmo horario. Pola súa banda, en María Balteira serán en inglés e francés martes e xoves, coas manualidades luns e mércores, tamén de 10.30 a 13.30 horas.

As persoas interesadas nestas actividades gratuítas poden realizar a anotación ata o 29 de xuño, de 09:00 a 14:00 horas, nas propias Casas das Linguas. A selección será por orde de inscrición. As actividades desenvolveranse por quincenas, unha primeira do 2 ao 13 de xullo, a segunda do 16 ao 31 de xullo, a terceira do 1 ao 16 de agosto e a cuarta e última do 20 ao 30 de agosto.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...