InicioSucesosDous condutores danse á fuga logo de chocar cos seus vehículos en...

Dous condutores danse á fuga logo de chocar cos seus vehículos en Lugo

Ambos coches foron localizados polos axentes. Un deles batera contra a fachada dun edificio na rúa Vilalba e o outro colisionara cun sinal de tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo localizou este domingo o vehículo que chocou contra a fachada dun edificio na cidade e fuxiu do lugar. Os axentes deron co seu paradoiro ao seguir o rastro de líquido que perdía o coche.

Segundo relatou a Policía Local, o accidente de circulación ocorreu na rúa Vilalba, ás 6:27 horas deste domingo 12 de xaneiro.

Axentes do equipo de Atestados seguiron as pegadas e vestixios, xa que o vehículo perdía “certa cantidade de líquido”, de maneira que finalmente se localizou no interior dun garaxe na rúa Venancio Senra.

Así pois, instruíronse dilixencias para a identificación do condutor e tramitáronse denuncias por infraccións graves por condución neglixente, así como por ausentarse o condutor do lugar do accidente.

OUTRA FUGA

Por outra banda, ás 9:24 horas do domingo 12 ocorreu outro accidente de circulación na rúa Serra Gañidoira ao chocar un vehículo contra un sinal de tráfico. O vehículo tamén fuxiu, segundo indicou a Policía Local. Un guindastre do depósito municipal retirouno da vía pública, onde estaba estacionado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...