InicioSociedadeA chegada do 5G a Lugo provocará cambios en 8.300 edificios nos...

A chegada do 5G a Lugo provocará cambios en 8.300 edificios nos que residen 130.000 persoas

A provincia lucense é a primeira na que se inicia o cambio de frecuencias da Televisión Dixital Terrestre (TDT) para "facilitar a implantación das redes ultrarrápidas 5G".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que Lugo será a primeira provincia galega en iniciar o cambio de frecuencias da Televisión Dixital Terrestre (TDT) para “facilitar a implantación das redes ultrarrápidas 5G”, o que se coñece como a liberación do Segundo Dividendo Dixital, na banda dos 700MHz.

En declaracións aos medios de comunicación, Rodríguez lembrou que este mércores, 18 de setembro, iniciarase o cambio de frecuencias da TDT en 58 municipios de Lugo, de modo que esta provincia “será a primeira de Galicia na que se aplicará este cambio”.

Noutros oito municipios lucenses, que reciben o sinal por Ourense, o cambio de frecuencias para facilitar o despregamento das redes 5G realizarase a principios do próximo ano, mentres que no de Muras, incluído na área xeográfica Coruña Norte, non haberá cambios, xa que se mudaron as canles de TDT á banda de 700 Mhz no Primeiro Dividendo Dixital.

“As comunidades de propietarios dos edificios terán que facer unha adaptación nos seus equipos” de recepción, precisou a subdelegada, mentres que “as vivendas unifamiliares non teñen que realizar ningunha adaptación”. “Calcúlase que na nosa provincia terán que facer ese cambio algo máis de 8.300 edificios, nos que residen 130.000 persoas”, precisou.

O cambio de frecuencias é un proceso que non implicará a aparición nin a desaparición de canles de televisión, dado que simplemente producirase un cambio de frecuencia nos mesmos; nin tampouco que haxa que renovar por parte dos usuarios particulares nin televisores nin descodificadores de TDT.

Ademais, para ?facilitar esta transición, durante un tempo as canles de televisión emitirán simultaneamente a través das frecuencias nova e antiga?.

Por outra banda, para compensar aos afectados, “o Goberno concederá axudas de até 677 euros en función do custo que tivesen que afrontar as comunidades de propietarios”.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...