InicioDeportesO Pazo dos Deportes vibrará para concienciar sobre a prevención do alzhéimer

O Pazo dos Deportes vibrará para concienciar sobre a prevención do alzhéimer

Durante o CB Breogán-CB Almansa deste venres 10, a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer (Afalu) desenvolverá unha actividade de sensibilización acerca das enfermidades neurodexenerativas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Familiares e Enfermos de Alzhéimer (Afalu) estará presente no vindeiro partido do CB Breogán —este venres 10 contra o CB Almansa no Pazo dos Deportes—. Desenvolverán unha actividade para sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da prevención das enfermidades neurodexenerativas.

A entidade lucense, que leva dezaoito anos traballando na mellora da calidade de vida das persoas enfermas e das súas familias, será a protagonista da acción social prevista para o encontro. A actividade, presentada esta mañá na sede da Deputación, enmárcase no convenio de patrocinio entre a área provincial de Deportes e o CB Breogán.

A PREVENCIÓN, ESENCIAL

Iria Franco, vicepresidenta de Afalu, explicou que “o labor preventivo é básico”. “Está demostrado que, cun traballo axeitado, no sesenta por cento dos casos poderiamos evitar ou atrasar o deterioro cognitivo que provocan este tipo de enfermidades”, expuxo a representante da organización.

Pola súa parte, o deputado de Deportes, Efrén Castro, recoñeceu o traballo que desenvolve a asociación, que conta cun centro de atención en Lugo e que xestiona unidades terapéuticas en Vilalba, Friol e Rábade. Castro amosou a súa satisfacción por “contribuír á difusión desta mensaxe, que pode axudar a previr estas enfermidade e facer a vellez máis agradable para as persoas maiores e para as persoa que están ao seu coidado”.

UN CB BREOGÁN SOLIDARIO

Na mesma liña, o director deportivo do CB Breogán, Tito Díaz, subliñou que “o Breogán é parte de Lugo e axudar a todas as asociacións de Lugo é parte da súa tarefa diaria”.

O encontro, o último da temporada para o club breoganista, disputarase ás 21:00 horas no Pazo dos Deportes.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...