InicioEconomíaOs traballadores de Suplusa pasarán a Tragsa

Os traballadores de Suplusa pasarán a Tragsa

"Non se producirá ningunha privatización" do servizo e os empregados terán "o mesmo status laboral", asegurou o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente e a vicepresidenta da Deputación de Lugo, José Tomé e Maite Ferreiro, respectivamente, compareceron este venres en rolda de prensa para informar que os 19 traballadores adscritos a Suplusa pasarán ao persoal de Tragsa, sen que os seus “dereitos salariais ou laborais se vexan afectados”, porque se moverán dunha empresa pública a outra.

En 2018, a Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa), que se ocupaba da promoción das residencias da terceira idade, desenvolvemento de chan industrial e mantemento de zonas verdes, perdeu a súa condición como “medio propio da Deputación”, de modo que deixou de ser “útil á Deputación e á provincia”, explicou Tomé.

En todo caso, para cumprir o compromiso de manter os postos de traballo, a Deputación comprou unha acción -por un importe de 8.225 euros- da empresa pública Tragsa, de modo que pasa a ser “medio propio” da institución e ocuparase, a partir de principios de ano, do mantemento das zonas verdes que leva a institución na provincia.

Por tanto, aclarou Tomé, “non se producirá ningunha privatización” do servizo e os empregados terán “o mesmo status laboral”, dado que no encargo de mantemento das zonas verdes vai incluída “a subrogación” do persoal.

En canto ao proceso de liquidación de Suplusa, Tomé calcula que quedará definitivamente completado nun prazo de dous a tres anos. EFE

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...