InicioSucesosAfúndese o catamarán da Deputación de Lugo que estaba no Miño

Afúndese o catamarán da Deputación de Lugo que estaba no Miño

O barco, que xa levaba varios anos fóra de servizo, ía ser retirado da auga para a súa reparación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O catamarán da Deputación Provincial de Lugo que estaba na zona dos Carballos -nas inmediacións da ponte nova-, no río Miño ao seu paso pola capital lucense, non puido soportar este último temporal e acabou por afundirse.

O barco, que xa levaba varios anos fóra de servizo, ía ser retirado da auga, dado que o seu estado de deterioración era evidente, para proceder á súa reparación nunha nave da institución Provincial no municipio de Begonte.

No mes de novembro, fontes do goberno provincial aseguraron que a solución ía ser “inminente”, así como que, unha vez reparada, a embarcación ía ser utilizada de nova para realizar unha ruta turística fluvial. Antes de afundirse, o barco xa estaba visiblemente escorado, como consecuencia da auga que se acumulara na cuberta.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...