InicioSucesosA Policía entra pola forza na casa dun ancián que non contestaba...

A Policía entra pola forza na casa dun ancián que non contestaba e atópano vendo a tele

Os familiares alertaron os axentes ao ver que o octoxenario non respondía ás súas chamadas telefónicas. Ao fin, todo quedou nun susto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo accederon pola forza o pasado sábado -día 14 de decembro- á vivenda dun octoxenario que non contestaba os seus familiares, por temor a que lle pasase algo ao ancián, pero atopárono sentado no sofá “consciente e en bo estado”, co televisor aceso.

Os feitos ocorreron pouco antes das dez da noite, cando efectivos da Policía de Barrio se desprazaron a un inmoble da Rolda das Mercedes alertados por unha persoa que informou de que estaba a chamar á vivenda dun familiar de avanzada idade, pero este non lle contestaba.

Aínda que esa persoa dispuña de chaves para acceder á vivenda, non podía entrar no piso porque a porta de entrada tiña un pasador de seguridade cunha cadea.

Ante o temor de que lle pasase algo ao ancián, chamou á Policía Local, cuxos axentes comprobaron ao chegar ao lugar que había unha luz acesa dentro de casa e que estaba a funcionar o televisor.

“Ante a sospeita de que” realmente “lle pasase algo grave” á persoa que estaba dentro do piso, os axentes romperon a cadea de seguridade e accederon ao interior da vivenda.

Con todo, atoparon ao ancián, de 88 anos de idade, “sentado no sofá, consciente e en bo estado”. Dixo que “non escoitou nin o timbre da porta nin o teléfono”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...