InicioSociedadeO Consorcio de Bombeiros disporá de 5,5 millóns en 2020

O Consorcio de Bombeiros disporá de 5,5 millóns en 2020

Deputación e Xunta financian a partes iguais as contas, que recibiron luz verde este mércores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O consorcio provincial de bombeiros de Lugo contará cun orzamento de 5,5 millóns de euros para o próximo ano, que serán achegados a partes iguais pola deputación e a Xunta.

Segundo informan ambas as entidades en senllos comunicados, o pleno da entidade aprobou este mércores as contas para 2020, que dedican o 80 por cento (4,4 millóns) aos salarios dos 117 traballadores do servizo, mentres que 754.000 euros destínanse a gastos correntes e os 333.900 euros restantes, a investimentos.

O pleno que deu luz verde aos orzamentos do consorcio contou coa participación do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Así mesmo, o consorcio obtivo neste exercicio uns aforros de 600.000 euros grazas á xestión directa. Esta cantidade dedicarase a investimentos e permitirá reducir un 5 por cento a achega económica das administracións provincial e autonómica.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...