InicioEconomíaLicenzas de obra case gratis en Friol para fomentar a construción de...

Licenzas de obra case gratis en Friol para fomentar a construción de vivendas

O Concello bonificará nun 95% as taxas de licenzas, unha "iniciativa pioneira", asegurou o alcalde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol bonificará nun 95% as taxas de licenzas de obras a partir de xaneiro de 2020 no centro urbano do municipio.

O alcalde, o popular José Ángel Santos, valora como pioneira esta iniciativa, que ve “unha aposta decidida” para aqueles que “instalen a súa actividade e xeren movemento económico e emprego”.

Un anuncio que trasladou antes do pleno provincial da Deputación de Lugo, onde é deputado polo PP. Polo momento, descoñece cantas empresas se poden acoller a esta bonificación.

É algo novo, en ningún concello da provincia de Lugo está instalada esta bonificación“, explica. “Imos ver o que sucede durante 2020 e se a aposta ten éxito contemplamos que nos próximos anos tamén estea bonificada esa taxa”, agrega.

Esta vantaxe fiscal non é só para aplicar no polígono industrial, con 12 empresas situadas aí, “onde tamén está bonificada a licenza de obra, pero isto (a bonificación) é para a capitalidade” do municipio. “A aposta é para que veñan máis empresas”, subliña.

LEGADO DE LABAJJO GRANDÍO

Por outra banda, tamén se referiu ás pinturas do artista Alfredo Labajjo Grandío, a quen se atopou falecido na súa casa de Friol en outubro. Respecto diso, o alcalde explica que o Concello está “á espera de que o xulgado dite unha orde”. En total, son 71 pinturas que permanecen custodiadas no consistorio friolense.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor...