InicioMedioambiente e PatrimonioO goberno local cualifica de "ocorrencia" converter San Fernando nun Parador de...

O goberno local cualifica de “ocorrencia” converter San Fernando nun Parador de Turismo

Maite Ferreiro lembra que o PP municipal apoiou a creación do Museo Galaico-Romano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, cualificou como unha “ocorrencia” a idea lanzada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, en relación co cuartel de San Fernando, dado que propuxo explorar a posibilidade de converter este inmoble, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), nun Parador de Turismo.

“O señor Balseiro, representante en Lugo dese Feijóo empeñado en castigar á nosa cidade coas súas políticas desde a Xunta, debería constrastar as súas ocorrencias co grupo municipal que representa ao seu partido no Concello” da capital lucense.

De feito, a concelleira nacionalista lembroulle que en outubro de 2016, o grupo municipal do Partido Popular “apoiou unha iniciativa plenaria para que este edificio fose convertido no Museo Galaico-Romano de Lugo” e que “fora a Xunta de Galicia a que impulsase a rehabilitación e posta en valor do edificio”.

Desde o seu punto de vista, “está claro que a creación do Museo Galaico-Romano é unha das débedas dos gobernos do PP na Xunta con Lugo”, de aí “o nerviosismo do señor delegado”.

Por outra banda, desmentiu que o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) reciba cada ano a duascentas persoas, tal e como afirmou Balseiro, antes de propor que sexa ese recinto a sede do citado Museo Galaico-Romano.

Ferreiro subliñou que, no que vai de ano, entraron a velo 4.243 persoas.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...